InicioDEPORTESDous coruñeses coa Selección Española de hóckey nos World Skate Games

Dous coruñeses coa Selección Española de hóckey nos World Skate Games

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

Arrancou a noite do 7 ó 8 de novembro o mundial de hóckey sobre patins, encadrado no seu novo formato dos World Skate Games, a primeira vez que se realiza este campionato mundial unificado de todas as disciplinas sobre rodas.

Ás 02:00 fixo o seu debut a selección española en San Xoán, Arxentina. Un lugar donde a paixón dos siareiros leva este deporte a superar a imaxinación de calquera. En pocos lugares do planeta o hóckey ten tal arraigo na vida dos afeccionados, capaces de esgotar 10.000 entradas en poucos minutos, elevando ós xogadores ó estatus de estelas do rock.

A nosa selección comezou con derrota, pero é que a dificultade era máxima; enfrontábase nada menos que a Arxentina, anfitriona e outra das grandes favoritas do torneo xunto con España e Portugal. O debut saldouse con derrota por 4 a 2 nun encontro igualadísimo e emocionante.

Entre os convocados, dous coruñeses: o capitán do Liceo Dava Torres, e o barcelonista Ignacio Alabart. Ao seu carón está o “coruñés de adopción” Toni Pérez, xa un dos nosos polo seu longuísimo pasado liceísta e tamén polo seu amor incondicional á nosa cidade.

En canto a selección feminina, lamentamos a ausencia de xogadoras galegas, a pesar do bo momento de María Sanjurjo, a nosa campiona do mundo, quen terá que agardar ata a próxima oportunidade.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...