InicioPOLÍTICAO PPdeG sobre a nova pasarela no río do Burgo: "Será transformadora...

O PPdeG sobre a nova pasarela no río do Burgo: “Será transformadora para a mobilidade urbana”

Publicada o

Por europapress

O BNG deslizou este mércores, durante o Pleno do Parlamento, que só a Xunta de Galicia quere construír a pasalera sobre a Ría do Burgo, que uniría Oleiros e A Coruña; unha infraestrutura que o Goberno galego defendeu e que cualificou de “transformadora” para a mobilidade.

A nacionalista Mercedes Queixas preguntou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en que criterios se basearon para optar por esa construción, que espertou a “oposición unánime” dos arredores. Ante isto, demandou á Administración autonómica que “priorice” o “interese xeral” dos galegos. “Teñen a todo o mundo en contra”, asegurou Queixas.

A conselleira, pola súa banda, defendeu a idoneidade do proxecto, que cualificou de transformador. “Trátase da maior aposta pola mobilidade sustentable na Coruña nos últimos anos que coincide ademais coas liñas europeas”, aseverou, lembrando que consegue separar o tráfico rodado do peonil e que, segundo os estudos que manexan, acollerá a 3.000 persoas entre peóns e ciclistas.

Eses informes, entre os que citou algúns da Universidade da Coruña, púxoos Vázquez a disposición da deputada nacionalista, afirmando que se trata dunha iniciativa “rigorosa e transparente”, que conta con todos os avais “técnicos e ambientais”.

ÚLTIMAS

O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade

Continúa sendo a vivenda o principal problema da cidade. E mentres as administracións poñen...

Oleiros instala un autobús destartalado en Santa Cristina para denunciar a negativa da Xunta a crear unha liña coa Universidade

Son eternos os problemas entre o Concello de Oleiros e a Xunta de Galicia...

Promoven na Coruña unha campaña de condutas civícas na celebración do San Xoán

Entidades veciñais e do lecer nocturno, en colaboración co consistorio coruñés, promoven a campaña...

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...