InicioSOCIEDADEA moza coruñesa detida en Irán está "en boas condicións", segundo o...

A moza coruñesa detida en Irán está “en boas condicións”, segundo o Goberno

Publicada o

Por europapress

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones confirmou que Ana Baneira, a moza coruñesa de 24 anos detida en Irán durante as protestas desatadas tras a morte de Masha Amini — falecida tras ser detida por levar mal posto o veo– está “en boas condicións”.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, tras asistir a un acto con estudantes da ESO e no marco das actividades promovidas pola Delegación do Goberno con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Seguimos en contacto co Ministerio de Exteriores e Exteriores coa embaixada“, expuxo Miñones sobre o caso. Tamén apuntou que o ministro José Manuel Albares “se puxo en contacto coas autoridades de alí” e que se está facendo o correspondente seguimento.

Miñones trasladou tamén o apoio á familia e pediu “prudencia, serenidade e deixar traballar” ao Ministerio de Asuntos Exteriores e á embaixada española en Irán. Cuestionado se a moza está ben, precisou que os familiares están “en contacto con ela a través da embaixada”. “Sabemos que está en boas condicións, pero o importante é seguir avanzando nas negociacións”, dixo.

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...