InicioECONOMÍA"Normalidade absoluta" na lonxa da Coruña no inicio do paro de transportistas:...

“Normalidade absoluta” na lonxa da Coruña no inicio do paro de transportistas: “Nada semellante ao de marzo”

Publicada o

Por europapress

A lonxa da Coruña amenceu este luns “sen novidades” e “con normalidade absoluta” no primeiro día de paro convocado pola Plataforma en Defensa do Transporte, da que se desmarcaron as principais asociacións de transportistas de Galicia.

O presidente da lonxa coruñesa, Juan Carlos Corrás, sinalou que ao longo da mañá e durante a madrugada “saíron e entraron todos os camións con normalidade”. Á espera de coñecer se os transportes que saíron do mercado este luns tiveron algún problema ao longo da ruta, Corrás destacou a “normalidade absoluta”.

Así, asegurou que, polo menos neste primeiro día de folga de transportistas, non se viviu “nada semellante ao ocorrido en marzo”. No anterior paro convocado por esta Plataforma, a lonxa da Coruña cifrou as perdas en máis dun millón de euros, coa actividade ao 10% do habitual e as cámaras cheas de peixe. “En marzo houbo piquetes case todos os días da folga, pero hoxe (luns) a verdade é que non”, relatou en declaracións a Europa Press o presidente da lonxa da Coruña.

ÚLTIMAS

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que...

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...