InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Casa Casares Quiroga acolle a presentación dun libro sobre o galego...

A Casa Casares Quiroga acolle a presentación dun libro sobre o galego que sobreviviu a Mauthausen

Publicada o

Por europapress

A Casa Museo Casares Quiroga da Coruña acolle hoxe martes, ás 18.30 horas, a presentación do libro ‘Entre os muros do esquecemento’, do xornalista pontevedrés Juan de Soa Vollbrecht. Nel narra a vida de Ramón García Martínez, o marido da leiteira de Campañó (Pontevedra) que sobreviviu ao inferno do campo de Mauthausen.

Segundo explican os organizadores, a investigación levada a cabo para a elaboración desta obra e “o traballo de Luís Bará e Montse Fajardo conseguiron en 2018 que Ramón fose declarado vítima oficial do nazismo”.

O seu autor, xornalista especializado en Dereitos Humanos, explicará durante este encontro “como chega a el a primeira información sobre García, as dificultades da investigación e como esta fascinante vida acaba sendo desvelada”.

“Un exercicio de memoria imprescindible que axuda no presente a non esquecer os riscos do fascismo, o de entón e o que agora blanquea irresponsablemente a ultradereita en toda Europa”, apunta.

Así, esta obra, publicada polos editorial Libros del Futuro, “combina o drama histórico coa crónica íntima dunha vida de superación, coa solidariedade, a memoria e a resiliencia humana como valores presentes ao longo das súas páxinas”.

‘Entre os muros do esquecemento‘ é o resultado de máis de dous anos de investigación e sucesivas viaxes aos distintos escenarios nos que a historia vital de Ramón transcorreu”, detalla.

Máis novas

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

Unha lembranza polo represaliado Ramón Maseda 

 

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

O Consello da Memoria Democrática propón aplicar o informe José Cornide tras 5 anos no caixón

ÚLTIMAS

Sindicatos denuncian que empresas do sector hostaleiro na Coruña ofrecen aumento de soldo se non se fai folga

Os sindicatos convocantes da folga no sector hostaleiro da Coruña --CC.OO., UXT e CIG--...

Os Fotoxornalistas amosan na Dársena “A Galicia inédita”

Inaugurouse onte, na avenida de Montoto, fronte a Dársena a segunda edición da exposición...

Feridas dúas persoas nun atropelo en Alonso Molina

Dúas persoas resultaron feridas tras ser atropeladas por un vehículo na avenida Alfonso Molina...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...