O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites financeiros precisos para mellorar o servizo de extinción de incendios e a executar os orzamentos participativos.
Segundo informa o consistorio, os distintos modificativos aprobados permitirán actuar no Parque de Bombeiros e pór en marcha tamén os 32 proxectos seleccionados nos Orzamentos Participativos do ano pasado.
Así, concreta, destinarán 427.963 euros ás obras de ampliación do edificio administrativo do Parque de Bombeiros. Ademais, púxose en marcha o mecanismo de financiamento dos Orzamentos Participativos, que contarán con 2.450.730 euros de investimento municipal en 32 proxectos.
Os fondos para as ditas partidas, explica, “figuraban xa orzados e recolleitos nunha partida xenérica”. Agora, ao aprobarse os 32 investimentos, asígnanselle a cada área responsable de cada un dos proxectos para poder comezar co proceso da súa licitación.
O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas
Estas son as 32 propostas seleccionadas dos Orzamentos Participativos

