InicioCULTURAScorpions actuará na Coruña o 2 de maio

Scorpions actuará na Coruña o 2 de maio

Publicada o

Por editor

A banda alemá de rock Scorpions actuará no Coliseum da Coruña o vindeiro 2 de maio como parte da súa xira “Love, Peace & Rock ‘N’ Roll Tour 2027”, coa que celebra seis décadas sobre os escenarios. Segundo informou o Concello a través dun comunicado, a actuación de Scorpions –que volve á cidade tras o seu concerto en 2023– súmase a unha “intensa” programación musical confirmada para 2027 no Coliseum, na que figuran artistas como Kase.O o 16 de xaneiro, Sergio Dalma o 23 de xaneiro, Abraham Cupeiro xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia o 29 de xaneiro, Cano o 29 de maio e David Bisbal o 4 de xuño.

“Falamos dunha banda histórica, recoñecida en todo o mundo e con varias xeracións de seguidores, que volverá converter o Coliseum nun punto de encontro para milleiros de persoas procedentes de Galicia e doutros territorios”, salientou a alcaldesa, Inés Rey, quen enxalzou o “importante impacto cultural, turístico e económico” do evento para “proxectar a imaxe da cidade máis alá das fronteiras”.

Así mesmo, o Consistorio destacou a traxectoria do grupo como “unha das referencias fundamentais da historia do rock” e unha das bandas europeas “máis recoñecidas a nivel internacional”, con máis de 100 millóns de discos vendidos e “himnos xeracionais” como “Wind of Change”, “Rock You Like a Hurricane” ou “Still Loving You”. As entradas poderanse adquirir a partir deste venres 6 de novembro ás 11.00 horas a través das plataformas Route Resurrection e Enterticket.

 

ÚLTIMAS

O Cemiterio de Santo Amaro lembrou a María Barbeito Cerviño, Curros Enríquez e Federico Fdez. Amor-Calvet

Trala fin de semana de actividade comercial polos barrios arredor do Haloween, este domingo...

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here