InicioBARRIOSAsí fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos que os comercios están aproveitando as rutas do #TrucoouTrato para facer barrio, para facer comunidade. E as familias responden como puidemos comprobar onte nos Mallos ou en Monte Alto.

Numerosos grupos de crianzas formados polos amigos dos coles e as escoliñas, escoltadas polas familias (cada vez máis disfrazadas tamén, a verdade cun perfil moito máis vinculado ao terrorífico haloween estadounidense que á maxia do samaín celta) percorren as rúas de comercio en comercio coas pequenas cabazas de plástico, que van enchendo segundo pasa a tarde. Os comerciantes pechan os seus negocios de 17:00h a 20:00h pero tamén se deixan ver para as familias, que sempre descubren algún establecimento que non coñecía e ao que volverá a semana que vén.

Aquí vos deixamos como foron as rutas de Monte Alto e Os Mallos:

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis citas para hoxe

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

La Ruta del Terror da rua da Torre

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here