InicioBARRIOSLembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando...

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un servizo social construído en 1888 polo arquitecto municipal Juan de Ciorraga, que significou un gran patrimonio para a cidade. Pero tamén foi un símbolo do devir desta cidade, convertindo o lugar nunha gran urbanización de luxo cos pisos máis caros da cidade.

Ese camiño da solidariedade e o servizo social á especulación que deu a Coruña en 2001 baixo o mandando de Paco Vázquez é algo que non esquecen entidades como Defensa do Común, que recorda as manifestacións eo manifesto apoiado por 96 entidades, pedindo, cando menos, un “Monumento á xenerosidade”.

Este pasado xoves 29 de outubro, 25 anos despois daquel derrubamento, as entidades de Monte Alto quixeron render homenaxe a ese monumento, coa instalación duns carteis (xa eliminados esta memsa mañá) na nova urbanización. Manuel Monge, Xurxo Souto e Henrique Rabuñal embraron no manifesto lido naquelas datas denunciando como a especulación superou a solidariedade e a necesidade do coidados das persoas maiores.

Ao remate, a expedición desprazouse á Biblioteca veciñal do Campo de Marte, onde comentaron a nova exposición aberta que recupera a súa historia.

A entidade lembrou tamén a petición de reservar polo menos unha das plantas do novo edificio de vivenda pública que se vai construír na mesma rúa para equipamento social, respectando así o acordo do Pleno de 14 de xaneiro de 2019 de construír un Centro Social.

Artigos relacionados

  O vello asilo de anciáns reaparece na memoria da cidade

Esixen a reserva dunha planta para equipamento social nas novas vivendas sociais de Adelaida Muro

Outras novas

Olladas doutro tempo: Estación do Norte

 

ÚLTIMAS

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here