Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos percorrendo a cidade coñecendo as iniciativas comerciais arredor do Samaín ou Halloween.
Hoxe facemos parada no Ventorillo e a Praza do Comercio. A pesar das dificultades de orzamento e de dispoñibilidade de colaboradores, A AVV O Ventorrillo e a AVV Praza do Comercio únense para esta tarde de venres 30 na I Ruta Halloween/Samain
Ás 17:30 horas farán entrega dos planos cos establecimentos colaboradores no local da entidade veciñal. A ruta pode facerse en calquera orde recollendo os agasallos que nos comercios teñan preparados. O punto final será a AVV Plaza do Comercio onde se deixará o plano escribindo o nome do participante e un teléfono de contacto para participar no concurso de agasallos cedidos por ambas asociacións.

