Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta fin de semana coa festa do Samaín, Haloween ou mesmo Samaween, como xa se alcuma nalgún dos barrios da cidade. Temos ata 10 citas singulares nos nosos barrios para o venres 30 e o sábado 31, nas que o comercio e a hostalería toman o protagonismo con divertidas rutas para sacar ás crianzas á rúa.
Unhas rutas moi positivas para facer comunidade, e coñecer o verdadeiro impacto, a verdadeira vida que xera os pequenos establecimentos nos nosos barrios.
Pola rúa Hércules

Comezamos polo barrio de Monte Alto, onde hai dúas propostas que poñen o barrio patas arriba, converténdose nun novo entroido. É o comercio o que propón dúas alternativas, este ano compatibles. O venres 30 póñense de “Truto o trato” (houbo un problema na imprenta e ao final quedou xa como anécdota) os establecimentos da rúa da Torre, na 11ª edición do Haloween de Monte Alto.
A rapazada xa está recollendo o mapa/pasaporte para completar a ruta polos case 30 establecimentos da zona de arriba do barrio, para ir buscando chuches, e poder participar nos sorteos.
Pola rúa da Torre
Para o sábado 31 queda “La Torre del Terror”, a ruta que propoñen 15 establecimentos da rúa da Torre. A xornada contará coa animación da Comparsa Monte Alto a 100 e Badabum Sorpresa.

As entidades, e a veciñanza, agradecerían que se parase o tráfico, polo menos durante un par de horas nas que a toda a rapazada vai como tola polas rúas.
A Santa Compaña de Nina Sardina, primeiro premio no concurso de escaparates de Samaín

