Un par de meses despois de rematar a primeira fase (entre Ramón del Cueto e Arzobispo Gelmírez), esta semana comezará a segunda fase das obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, no barrio de Monte Alto.
Debido á lonxitude da rúa (vai dende o Campo de Marte ata a Domus), a reforma está a levarse a cabo por tramos. Na intervención, que supón un investimento total de 1,5 millóns de euros, inclúense melloras como a renovación dos pavimentos (o firme de formigón e as baldosas das beirarrúas), do saneamento e a recollida de pluviais, da canalización municipal nas dúas beirarrúas (coa instalación de catro novas tubaxes), a elevación dos pasos peonís, a reordenación dos contedores, unha nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de bancos e árbores.


