InicioECONOMÍAA Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

Publicada o

Por Redacción

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda depende de procesos pouco dixitalizados, como chamadas, correos ou xestións presenciais. Isto dificulta tanto o acceso da cidadanía como a organización das propias administracións. Ante esta situación AGASOL, a Asociación Galega de Software Libre, pon en marcha o I Certame GOBTEC, centrando o primeiro reto GOBTEC na procura dunha solución de software libre que simplifique e modernice a xestión e reserva das instalacións deportivas municipais, como poden ser canchas, pistas e pavillóns.

Un certame aberto s empresas, persoas emprendedoras e entidades tecnolóxicas radicadas en Galicia, que xa poden presentar as súas propostas ata o 18 de novembro ás 23:59 horas na súa web, optando a un premio de 6 .000 euros e a un forte recoñecemento institucional.

O reto consiste en idear unha solución mediante software libre que non consista unicamente en crear unha app de reservas, senón que permita adaptarse ás diferentes necesidades de cada concello, con configuracións personalizadas e funcionalidades como consultar as instalacións, reser valas online, realizar cancelacións e modificacións rápidas, revisar o historial persoal e recibir avisos. Non se require presentar o produto xa feito, senón unha idea ben desenvolvida e cunha aplicación viable.

A proposta presentarase a través da web da AGASOL. O 3 de decembro terá lugar un acto na Cidade da Cultura, en Santiago de  ompostela, coa par ticipación das propostas seleccionadas e do xurado do certame, composto por representantes de AGASOL , a Xunta de Galicia/ GOBTEC, un concello galego, Star tup Galicia e unha persoa experta independente en software libre.

ÚLTIMAS

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

Esta semana comeza a segunda fase das obras da rúa Ángel Rebollo

Un par de meses despois de rematar a primeira fase (entre Ramón del Cueto...

Detido un home por un intento de homicidio contra o porteiro dunha discoteca da Coruña

Un home foi detido na Coruña na madrugada do venres ao sábado por un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here