InicioBARRIOSAs 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos percorrendo a cidade coñecendo as iniciativas comerciais arredor do Samaín ou Halloween.

Desta volta imos ata os Mallos, onde Centro Comercial Aberto Distrito Mallos teno todo listo para celebrar un dos eventos máis agardados do outono: a súa xa tradicional ruta de Samaín.

Unha iniciativa que naceu no ano 2015 co obxectivo de dinamizar o barrio e que, grazas ao compromiso, e esforzo dos comercios locais, converteuse tras once anos de andaina nunha das citas máis concorridas e multitudinarias de toda a cidade.

O día 30 de outubro, os nenos e nenas poderán gozar de actividades cheas de sorpresas, risas e moitos sustos de medo. Para participar, só terán que conseguir o mapa oficial do itinerario e percorrer os comercios do barrio participantes, onde serán recibidos cos seus apetecibles caramelos. A maiores, co seu pase e mapa oficial, todos os nenos participantes recibirán de agasallo unha pulseira exclusiva do evento.

Durante o percorrido, os asistentes terán que estar ben atentos, xa que está confirmada a aparición especial de “Meigui Mallos”, a querida mascota do Centro Comercial Aberto presentada a edición pasada, que estará escondida nalgún punto do itinerario para saudar e fotografarse cos máis pequenos.

A gran novidade: Fin de festa con baile na Praza de Monforte

Para pechar a xornada pola porta grande, a edición deste ano inclúe unha destacada novidade: a Praza de Monforte acollerá unha sesión DJ terrorífica deseñada para que nenos, nenas e adultos poñan o broche de ouro á xornada botando uns bailes monstruosos e desfrutando en familia.

Queremos achegar unha reflexión sobre o importante que é mercar no barrio “O pequeno comercio non é só un motor económico, é o verdadeiro corazón e dinamizador da vida nos nosos barrios. Esta ruta de Samaín perpetúa a idea de comunidade e o valor de celebrar xuntos, creando espazos de encontro, lecer e tradición para todas as idades”, destacan dende a directiva da Asociación Distrito Mayos CCA.

Dende a organización convídase a toda a veciñanza e familias da Coruña a sumarse á celebración e a seguir as súas redes sociais oficiais para estar ao tanto de todas as novidades, horarios definitivos e puntos de repartición dos mapas.

Máis axenda do Samaín

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

As 10 rutas da Samaín que fan barrio: De estrea na Sagrada Familia

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

The Rapants e os Estudios Mans, recoñecidos polos Premios PALCO

Os II Premios da Industria Musical de Galicia, rebautizados como Premios PALCO, impulsados pola...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here