O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un alumno ferido nas protestas celebradas recentemente na Coruña, segundo informa. “Entre as tarefas do profesorado está a ensinanza de valores democráticos: a liberdade de expresión e de manifestación son algúns deles”, sinala nun comunicado para lembrar que a mocidade ten dereito a reclamar “máis recursos en educación, emprego digno e vivenda accesible”.
No relativo ás protestas, aseguran que “non é aceptable” que destes actos de protesta “saian feridos, algúns deles de gravidade“, apunta tras as protestas na Coruña coincidindo coa presenza do presidente de Vox, Santiago Abascal. “Rexeitamos actuacións que poñan en perigo a integridade física destes mozos, son o noso alumnado, son os nosos fillos”, apuntan para insistir en que “a violencia non é a resposta”.

