Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita de Monte Alto e no Castrillón, hoxe imos de estrea pola Sagrada Familia co seu I Roteiro Samaín.
A Asociación de Veciños e Empresarios da Sagrada Familia promove esta nova iniciativa, que terá lugar o 30 de outubro, co obxectivo de encher as rúas dun ambiente festivo, promover a participación da comunidade e poñer en valor os negocios locais.
O evento transformará as rúas do barrio nun lugar de encontro arredor dunha das celebraciónsmáis arraigadas na cultura gallega, combinando tradición, diversión e participación comunitaria nun ambiente marcado pola creatividade e o espírito do Samaín.
Con esta primeira ruta, a Asociación Veciñal e Empresarial da Sagrada Familia pretende algo máis que organizar unha festa: quere sacar á xente á rúa, crear momentos para compartir e demostrar que os barrios cobran vida cando os seus veciños participan e se involucran. Tamén esperan lanzar unha nova actividade que se converterá nun punto destacado do calendario festivo do barrio.
A ruta comezará ás 16:30h dende a Asociación Veciñal e Centro Comunitario da Sagrada Familia, onde poderás recoller un folleto da ruta, un mapa e unha bolsa nas instalacións da asociación. Estes materiais son necesarios para visitar todos os negocios participantes e recoller todos os adhesivos que se deben colocar no folleto da ruta.
Haberá unha visita a rúa Belén, unha rúa fantasmagórica. Tocará repoñer forzas con chocolate quente e churros no Centro Cívico, para devolver o folleto da ruta nas instalacións da asociación antes das 21:00. Ás 21:00 sortearase un magnífico premio entre todas as tarxetas cubertas con todas as etiquetas dos negocios participantes.
Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

