InicioA CORUÑA7,5M para melloras en 4 centros educativos da Coruña

7,5M para melloras en 4 centros educativos da Coruña

Publicada o

Por Redacción

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou a directores de once centros das comarcas da Coruña, Ferrolterra e Costa da Morte as actuacións que levarán a cabo nos mesmos, dentro do plan incluído pola Xunta no seu orzamento de 2027.

En declaracións aos medios, o conselleiro destacou o aumento do orzamento nun sete por cento para este tipo de intervencións na comunidade autónoma galega e resaltou que a reunión busca informar os directores de face aos cambios organizativos que teñan que promover para poder adaptar a actividade lectiva.

No encontro, participaron os directores dos colexios Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (Cambre), Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel (Carral), Plurilingüe Víctor López Seoane (A Coruña), Plurilingüe de Prácticas (A Coruña), de Atios (Valdoviño), Plurilingüe San Vicenzo (Vimianzo) e Labarta Pose (Zas).

Case 7,5 M€ na cidade herculina

Os proxectos na cidade herculina concentran case 7,5 M€. En concreto, os Orzamentos inclúen a ampliación do Instituto Agra do Orzán, proxecto ao que se destinarán 1,85 M€, e que consistirá na construción dun novo módulo para crear seis novas aulas e na ampliación do ximnasio existente para o módulo de Formación Profesional.

No Instituto Plurilingüe Eusebio da Guarda acometerase unha rehabilitación integral por importe de 2,55 M€, o que contempla a instalación dun ascensor, o illamento térmico das fachadas mediante sistema SATE, o cambio de cuberta, a renovación das carpinterías exterior e interior e a renovación de instalacións, entre outros.

Tamén son rehabilitacións integrais as intervencións previstas nos dous colexios coruñeses. A do CEIP Víctor López Seoane (867.000 €) inclúe a substitución de cuberta, a instalación de sistema de illamento térmico SATE en fachadas, o cambio de fiestras e persianas, a renovación da iluminación e dos falsos teitos e a instalación dun pararraios.
No Colexio Plurilingüe de Prácticas (2,2 M€), o proxecto está aínda en redacción, pero a previsión é instalar novas carpinterías exteriores de madeira, impermeabilizar as cubertas planas, inxectar illamento térmico e acometer diversas melloras en ximnasio e aseos.

Comarca da Coruña

Os Orzamentos 2027 da Consellería de Educación abranguen tamén máis de 2,7 M€ para melloras en dous centros da comarca da Coruña. No Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (Cambre, 1,3 M€) aplicarase illamento térmico SATE na envolvente, cambiarase a cuberta, os canlóns e as baixantes; mudaranse as fiestras e persianas e instalaranse novos falsos teitos e luminarias.

No Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel (Carral, 1,4 M€) realizarase unha ampliación e reorganización de espazos e melloraranse as condicións de iluminación e ventilación das aulas de infantil, entre outras intervencións.

ÚLTIMAS

As 10 rutas da Samaín que fan barrio: De estrea na Sagrada Familia

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer nocturno por Samaín

O Concello da Coruña promove unha campaña de concienciación no lecer noturno polo Samaín...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio: O Castrillón

Seguimos percorrendo a cidade en clave de Samaín. Despois de parar coa doble cita...

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...