InicioBARRIOSEsixen a reserva dunha planta para equipamento social nas novas vivendas sociais...

Esixen a reserva dunha planta para equipamento social nas novas vivendas sociais de Adelaida Muro

Publicada o

Por Redacción

Anunciaba hai a comezos de mes o goberno estatal o proxecto para aproveitar o solar que Defensa mantiña na rúa Adelaida Muro (en Monte Alto), para construír un bloque de 11 vivendas de alugueiro asequible.

Ante este proxecto, a plataforma cívica Defensa do Común e a asociación veciñal de Atochas-Monte Alto, piden que a SEPES reserve no proxecto técnico unha planta, polo menos, para equipamento social, respectando así o acordo do Pleno de 14 de xaneiro de 2019 de construír un Centro Social.

Lembran que esa mesma rúa (onde agora hai pisos de luxo) tivo un Asilo, cun claro apoio popular no barrio de Monte Alto e en toda A Coruña. O manifesto “Adelaida Muro: monumento á xenerosidade”, asinado en 2001, era apoiado por 85 entidades da Coruña, con máis de 1300 sinaturas pedindo a rehabilitación e conservación do asilo como equipamento público fronte a demolición. Máis de 3.000 participaban o mesmo 12 de xuño de 2001 nunha manifestación contra un derrubamento que non puideron evitar, por mor da especulación. Un derrubamento que segue sendo entendido no barrio como “un acto de barbarie e incultura, unha agresión ao noso patrimonio, que acababa con todo un símbolo de máis de cen anos de solidariedade”.

Lembran tamén as concentracións convocadas por Defensa do Común e a AV de Atochas Monte Alto realizadas en xaneiro de 2019 e maio de 2023, diante da parcela de 373 metros cadrados que tiña o Ministerio de Defensa na rúa Adelaida Muro, pedindo a súa devolución ao patrimonio do concello da Coruña.

Máis novas

Presentan as 11 novas vivendas de alugueiro asequible no solar de Defensa en Adelaida Muro

ÚLTIMAS

A Asoc. Veciñal incide nas posibles irregularidades da equipa redactora do Plan Urbanístico do Parque da Agra

Vai pelexar ata o final por un parque decente a veciñanza da Agra. Xa...

Activada a prealerta por escaseza moderada de auga na Costa da Coruña ata Arteixo

A Xunta activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas...

A loita contra o convenio estatal de comercio téxtil ARTE chega á xunta xeral de accionista de Inditex

Segue en loita o persoal das grandes marcas do comercio téxtil galego contra o...

O Campo da Leña énchese de tradición co Serán d’aquí

A Asociación Cultural Son d’aquí celebra, co apoio municipal esta fin de semana, unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here