InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista coruñés (1981), vén de recibir un premio internacional. Nada menos que o Premio Internacional WGIN 2026 na categoría de Cubertas Verdes polo seu deseño das cubertas do edificio URBIT.

O pasado mércores 27 de outubro, Sáez, recollía o premio no marco do 12º Congreso Mundial de Infraestruturas Verdes que se celebrou entre Barcelona e Lleida. O Centro Internacional de Convencións de Barcelona (CCIB) acollía unha solemne gala na que se recoñeceron proxectos de todo o planeta que impulsan a innovación e conectan a aqueles que promoven o cambio. Desde edificios innovadores ata políticas inspiradoras e investigación académica, estes premios destacan ideas que contribúen a crear comunidades máis verdes, saudables e resilientes.

Aritz Saez no World Green Infraestruture Congres

No caso do herculino residente na capital condal, o seu proxecto premiado foi unha cuberta verde situada nos andares quinto e oitavo do edificio URBIT. O edificio, situado no barrio de Poblenou, ​​foi deseñado orixinalmente por QID Studio, con Fitó Arquitectes participando durante a fase de construción. A paisaxe do tellado verde galardoada foi deseñada por Sáez e implementada por La Prieure, a empresa que continúa a xestionar o seu mantemento.

Na mañá do xoves Aritz realizou dúas visitas guiadas á cuberta con varios participantes no Congreso, entre eles varios membros do xurado, que non pararon de preguntar fundamentos e elementos arquitectónicos da singular obra. Unha obra que permite crear un tellado cheo de biodiversidade que medra no tellado verde respondendo a unha pregunta central na obra de Sáez Aróstegui: como podemos crear novas condicións para que a natureza prospere nos tellados verdes?

Aritz Saez Arostegui dando unha visita guiada na premiada cuberta verde do Edificio Urbir de Barcelona 1
A visita guiada cos membros do xurado do Premio

Aritz Saez Arostegui dando unha visita guiada na premiada cuberta verde do Edificio Urbir de Barcelona 6

Aritz Saez Arostegui dando unha visita guiada na premiada cuberta verde do Edificio Urbir de Barcelona 5
Así o tellado do Urbit

Ao longo de 4.139 m², un tellado moi exposto ao sol e aos ventos costeiros transfórmase nun xardín integrado na vida cotiá do lugar de traballo: un lugar para saír ao exterior, reunirse, deterse e gozar da beleza de máis de cen especies de plantas e árbores, mentres se contemplan vistas panorámicas do horizonte de Barcelona.

Os máis de 2.100 traballadores de diferentes empresas punteiras que traballan no edificio, gozan diariamente do tesouro de ter un espazo así para descansar ou mesmo para traballar, como tamén o fan do espazo “jungla”, unha area interior no -1 do edificio que permite ter un espazo para traballar inmerso nunha marea de especies vexetais, cun ambiente xaponés que favorece a calma e a inspiración.

A sala "jungla" do Edificio Urbit tamén foi deseñada por Arizt Sáez

A sala “jungla” do Edificio Urbit tamén foi deseñada por Arizt Sáez

“A natureza responde con biodiversidade ás diferentes condicións climáticas que atopa. Entón, por que non deseñar esas condicións para desafiala? Esta é a filosofía que inspira Safe Sauvage Landscape: crear mellores condicións para que a natureza prospere”, explica o propio deseñador.

”A miúdo dícese que non se debe comezar a construír unha casa desde o tellado para abaixo. Pero hoxe, ante os nosos desafíos climáticos e ecolóxicos, chegou o momento de repensar os nosos tellados. Iso foi o que fixemos no edificio URBIT. E URBIT é só o noso primeiro paso”, sinala.

Proxectos en Galicia

Aritz, que na actualidade está lanzando o seu proxecto persoal Safe Sauvage, plantou xa varias sementes do seu traballo en Galicia un xardín en Covés (Pontedeume); o proxecto “Nosos Paisaxes” na sede da Abanca no antigo cine Avenida, ou o xardín na sede do grupo Voz en Sabón. Nesta obra, realizada polo falecimento de Santiago Rey Fernandez-Latorre, o autor homenaxea a incansable labor do periodismo mostrando una páxina branca e vertical de granito rodeada de arbres escritors que a reflexan cada instante coa sua sombra.

Intervencións nunha finca en Pontedeume
Xardín na sede do grupo voz en Sabón realizado con Juan Abelleira
Intervencion de Aritz Saez nunha finca galega
Explica o Autor que o xardin en Coves converteuse no máis complicado da súa vida cando, estando ainda en obras, os seus clientes –e amigos da vida- decidiron casar nel.

ÚLTIMAS

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here