InicioCULTURAFAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

Publicada o

Por Redacción

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos Premios COGAVE 2026, unha distinción que recoñece cada ano o labor de persoas e entidades que contribúen a mellorar a sociedade galega a través do seu compromiso co ben común, a participación cidadá e o desenvolvemento comunitario. Un premio que se outorga a través das votacións das diferentes federacións que integran a Confederación galega de asociacións veciñais,

Nesta edición, o premio da Federación coruñesa será concedido á Fundación Salma, en recoñecemento ao seu destacado traballo no ámbito da saúde mental, desenvolvendo iniciativas orientadas á atención, acompañamento e inclusión das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias. A Federación  uere poñer en valor unha traxectoria marcada pola defensa da dignidade, os dereitos e as consideración normativas e xurídicas dun colectivo que continúa afrontando importantes desafíos e situacións de estigmatización.

O segundo recoñecemento recaerá en Viñetas desde o Atlántico, un dos eventos culturais máis emblemáticos da Coruña, que no ano 2027 celebrará a súa treinteava edición. A Federación destaca a súa extraordinaria contribución á difusión da banda deseñada, á democratización da cultura e á proxección da cidade como referente cultural, converténdose ao longo de tres décadas nun punto de encontro para xeracións de lectores, autores e creadoras.

“A Fundación Salma e Viñetas desde o Atlántico constitúen exemplos de como o compromiso coa sociedade pode transformar realidades e contribuír a construír unha cidadanía máis libre, participativa e cohesionada”, explican dende FAVA.

A entrega dos Premios COGAVE 2026, que terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro en Pontevedra, reunirá representantes do movemento veciñal, das institucións e da sociedade civil nun acto que servirá para reivindicar o papel das entidades sociais e culturais na construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e participativa.

 

ÚLTIMAS

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

O Cemiterio de Santo Amaro lembrou a María Barbeito Cerviño, Curros Enríquez e Federico Fdez. Amor-Calvet

Trala fin de semana de actividade comercial polos barrios arredor do Haloween, este domingo...

Scorpions actuará na Coruña o 2 de maio

A banda alemá de rock Scorpions actuará no Coliseum da Coruña o vindeiro 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here