InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOUnha lembranza polo represaliado Ramón Maseda 

Unha lembranza polo represaliado Ramón Maseda 

Publicada o

Por editor

Continúa a cidade vivindo necesarias homenaxes a ilustres vítimas do franquismo. Esta semana xa houbo actos arredor da figura de Moncho Reboiras, e este sábado, tivo lugar no Campo de Martes, unha homenaxe a Ramón Maseda Reinante, veciño coruñés, socialista e libre pensador, asasinado en 1936 pola represión fascista.

apg_20251018_ALCALDESA_HOMENAXE_RAMON_MASEDA_004
Numeroso público no Campo de Marte

O acto, organizado pola Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto en colaboración co Concello da Coruña, serviu para descubrir unha placa conmemorativa que lembra o compromiso de Maseda coa liberdade, a xustiza social e a dignidade humana.
Ramón Maseda Reinante foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española dos Dereitos do Home e presidente da Sociedade Antorcha Galaica del Libre Pensamiento.

Homenaxe Ramon Maseda Campo Marte A Coruña

A xornada rematou ao ritmo da música tradicional de Son D'aquí.
A xornada rematou ao ritmo da música tradicional de Son D’aquí.

 

Outras novas de memoria democrática

Presentado o libro que conmemora o 50 aniversario do asasinato do sindicalista Moncho Reboiras

San Amaro recibiu os restos de Francisco Miguel, outra vítima do franquismo

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here