InicioA CORUÑACrean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Publicada o

Por europapress

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas policiais ocorridas o pasado 21 de outubro despois dunha protesta contra a presenza do líder de Vox, Santiago Abascal, nun acto na Praza de María Pita, e nas que tres persoas foron detidas.
A Plataforma nace para ofrecer asesoramento para defender aos manifestantes que foron sancionados ou sufriron feridas. Tal e como detallan nas súas redes sociais, a plataforma xorde para “defender ás persoas represaliadas”, así como para “denunciar a violencia policia e responder á criminalización do antifascismo na cidade”.

Así, subliña que prestarán asesoramento legal gratuíto a todas as persoas que se vexan sometidas “a un proceso penal pola súa participación en mobilizacións políticas” e que exercerán “a acción popular” nos procesos penais “contra as forzas e corpos de seguridade pola súa actuación”.

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

(VÍDEO): A Coruña antifascista saíu á rúa contra a represión policial

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

ÚLTIMAS

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...