InicioA CORUÑAEsixen a dimisión do Delegado do Goberno polas "desproporcionadas" cargas policiais á...

Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Publicada o

Por Redacción

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios rexistrados na Coruña durante as protestas contra un acto do presidente de Vox, Santiago Abascal, considerando que foron “provocados polos intolerantes”, o resto do espectro político e social da cidade pon foco na Delegación do Goberno polas desproporcionadas cargas policiais.

A manifestación saldouse finalmente con dúas persoas detidas e máis dunha decena de feridos.

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

A CIG esixe a dimisión do Delegado do Goberno

A CIG esixe o cese ou dimisión inmediatos do Delegado do Goberno na Galiza ante a violenta represión policial exercida esta mañá na Coruña contra manifestantes antifascistas no entorno da praza de María Pita, con duras cargas exercidas por antidisturbios, uso de gas lacrimóxeno, detonacións e detencións. Esixen “a depuración de responsabilidades ante a reiteración de abusos e cargas policiais contra todo tipo de protestas sociais mentres se detecta a pasividade dos corpos, cando non a plena connivencia, coas expresións da ultradereita españolista.

A central nacionalista condena estes feitos, parabenizando a masiva resposta amosada, en particular aos sectores do estudantado e mocidade traballadora, e refirmando que na sociedade galega non teñen cabida os discursos do fascismo. 

Así mesmo secundan unha convocatoria unha para realizar unha concentración hoxe mércores 21 de outubro ás 19:30h diante da subdelegación do Goberno na Coruña, con motivo de denunciar a represión policial acontecida esta mañá, convocada por colectivos como a propia CIG, Erguer, Galiza Nova, BNG, a Coordinadora dá Mocidade Socialista (CMS), o Sindicato da Vivenda, a CNT ou os Riazor Blues.

Podemos critica a violencia

Aitor Neira, candidato de Podemos Galicia, sinalou que “fomos moitos e moitos os que lle prantamos cara ao fascista de Santiago”. Pero ademais fixo fincapé nas “cargas inxustificadas, sempre contra o mesmo lado. Xa bastan, onde está a delegación do goberno?”, preguntouse Neira, que recoñece ter viso mesmo “menores de edade con feridas e problemas de vista… Por que esta violencia?”

O BNG tamén critica as cargas

Pola súa parte, o BNG denuncia tamén que “as cargas policiais -miles de persoas concentrábanse en María Pita- foron absolutamente desproporcionadas e sen xustificación fronte a unha mobilización pacífica”.  “Cargaron contra xente moza -moitos deles feridos, algúns neste momento con problemas de visión-de forma absolutamente inxustificada”, critican, ademais de denunciar que “o policía negouse a dicir o seu número de placa cando foi instado a facelo por un mozo agredido que recibiu un puñetazo”.

“Desde logo, non nos parece o comportamento que deben ter as forzas de seguridade nun Estado democrático”, sentenzan, ao tempo que manifestan “o orgullo que sentimos ao ver que, máis unha vez, A Coruña volveu erguer a bandeira do antifascismo e a súa total oposición ás políticas do medo, o racismo, a xenofobia, o clasismo e o machismo”.

O Concello condena “os actos violentos”

O Concello da Coruña amosa a súa “máis rotunda condena contra os actos violentos que hoxe causaron danos e feridos durante unha concentración na praza de María Pita”. “Calquera reivindicación perde a súa lexitimidade cando se recorre á violencia, se ataca a persoas inocentes e se danan bens privados de particulares”, indicou a alcaldesa, Inés Rey.
“Foron case 5.000 as persoas concentradas hoxe en María Pita, mais a actuación de algúns violentos derivaron ao final en actos de vandalismo”, indicou Rey, “A violencia, veña de onde veña, nunca ten sentido”, indicou sen valorar a actuación policial.

JUPOL PIDE DIMISIÓN DO DELEGADO DO GOBERNO

Pola súa parte, o sindicato policial Jupol pediu a dimisión do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, pero por considerar que puxo “en grave risco” aos policías. Para o sindicato, foi unha “irresponsabilidade” permitir que coincidise a manifestación co acto político na mesma praza e reclamou responsabilidades “pola falta de previsión, planificación e ordes claras para o dispositivo policial”.

Mentres a mocidade manifestante criticaba o lanzamento de pelotas de goma e cartuchos, o sindicato publicaba nas redes sociais ter recibido un cazo e unha bengala, ademais de dous adoquíns.

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

ÚLTIMAS

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here