InicioDEPORTESQuiles non é dianteiro para este Depor

Quiles non é dianteiro para este Depor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Aínda que sexa duro, a realidade é esa. Quiles é un dianteiro de 2ª División e, se cadra, defenderíase máis que ben nalgún equipo da 1ª División. O espigado dianteiro amosa unha capacidade brutal de facer gol, sendo capaz de asociarse con criterio cerca da área rival, ten un bo remate de cabeza e un bo control do balón en carreira, que non lle resta velocidade a súas accións. É un tipo dotado tecnicamente, con capacidade de traballo e con moita chegada dende a banda. Onte demostrou moita clarividencia no un para un, e, todo isto, a pesar de ser un tipo de rachas. Cando non marca, sempre xoga ben. Parece máis acertado pensar que é dianteiro para un Depor de 2ª.

Por outra banda, leva o Dépor unhas semanas raras no plano competitivo. Incapaz de achegarse á cabeza da competición, a pesar de levar catro vitorias en seis partidos. Isto ten explicación na racha brutal que levan Córdoba, Alcorcón e Castilla, todo eles precedendo ó Dépor na clasificación e que contan vitorias nas últimas cinco ou seis xornadas. Outros rivais, coma o Racing de Ferrol ou o Linares, pola contra, levan varias xornadas perdendo, o que lles coloca nas posicións fóra do playoff.

Neste cruce de rachas está o Dépor en boa posición para ir subindo peldaños. O domingo chega o Córdoba a Riazor. Ogallá sexa o comezo da racha negativa do equipo andaluz.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

Choque entre o portavoz do PP na Coruña e a alcaldesa: “Ratificareime en que é unha acosadora”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, e...

A Coruña vólcase coa selección española nun Riazor cheo para o amigable contra Iraq

Centos de persoas apoiaron á selección española de fútbol con motivo do partido que...

Adif encara a recta final das obras na estación da Coruña e Renfe activa máis dun mes de cortes con transbordos en bus

Adif Alta Velocidade ultima a nova zona de vías e plataformas da estación da...

SOS Sanidade Pública sae á rúa esixindo acabar coa manipulación das listas de agarda

A Plataforma SOS Sanidade Pública protagonizou esta mañá unha concentración ás portas do CHUAC....