InicioPOLÍTICAFronte Ampla súmase na Coruña á campaña "Taxa ao rico"

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Publicada o

Por Redacción

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do Banco Santander na Coruña. A mobilización consistiu nunha concentración na que sostiveron carteis baixo o lema “Taxa ao rico”, sumándose á recente proposta impulsada por Ada Colau.

Paulo Carlos López, portavoz de Fronte Ampla, Trinidad Palacios, segunda candidata ao Congreso pola Coruña, e Juanjo Gallego López, tamén candidato ao Congreso pola Coruña, queren levar ao debate público a necesidade urxente de reformar o sistema impositivo para que as grandes fortunas e as corporacións con beneficios extraordinarios acheguen máis ás arcas públicas.

A iniciativa “Taxa ao rico”, “unha proposta económica, redistributiva, clara e xusta”, tal e como a describiu o portavoz, ten como obxectivo establecer unha taxa ás grandes fortunas e ás rendas máis altas para redistribuír a riqueza, reforzar os servizos públicos fundamentais e afrontar o incremento do custo da vida que padece a maioría social.

Concretamente, a proposta fixa un imposto directo do 2% para os patrimonios superiores a 1 millón de euros e do 3% para as fortunas de máis de 50 millóns. A nivel empresarial, inclúe unha subida do imposto de sociedades á banca ata o 40% sobre a base impoñible, incrementando a porcentaxe sobre o seu beneficio neto para poñer fin aos beneficios extraordinarios do sector financeiro.

Aterrando a medida en Galicia, tal e como explicou López, esta taxa afectaría a unhas 10.000 persoas físicas e permitiría recadar 415 millóns de euros anuais.
“Unha contía equivalente a todo o orzamento da Xunta de Galicia destinado a I+D+i e que permitiría financiar a construción de 200.000 vivendas de protección oficial no país” , destacou o portavoz.

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña escarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...

O BNG pregunta ao Concello por que segue incumprindo a Lei de Memoria Democrática

O BNG denunciou incumprimentos da Lei de Memoria Democrática na Coruña e avanzou que...

Unha soa cinta de equipaxes operativa en Alvedro: UGT denuncia sobrecarga laboral e aglomeracións no aeroporto da Coruña

O funcionamento dun aeroporto depende dunha complexa organización na que cada tarefa, por pequena...

Inés Rey carga contra a Xunta polos pisos turísticos tras unha sentenza favorable á Coruña: “É unha escalada ideolóxica”

O crecemento das vivendas de uso turístico volveu situar no centro do debate a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here