InicioA CORUÑA29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega "pola vivenda...

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Publicada o

Por Redacción

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para o vindeiro 29 de novembro. Dende o espectro da esquerda, o Movemento Sumar Galicia–Fronte Ampla (así se chamará a candidatura de esquerdas a nivel estatal, recollendo o legado da histórica coalición de esquerdas uruguaia) chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”.

O seu secretario xeral, Paulo Carlos López, apela a construír unha candidatura ampla que permita “manter e ampliar a representación galega na fronte plurinacional” e impulsar unha nova maioría progresista. “O que está en xogo é se a próxima lexislatura serve para garantir unha vivenda digna, reforzar os servizos públicos e ampliar dereitos, ou para abrirlles a porta aos recortes e á extrema dereita. Nós temos clara a prioridade, e é que a política responda ás necesidades da maioría social” , sinala López.

A organización aprobará este mércores, 7 de outubro, na súa Executiva, o regulamento para a elección das candidaturas. O texto será ratificado o venres, 9 de outubro, pola Coordinadora Nacional Galega. O proceso permitirá anunciar o 19 de outubro as persoas que encabezarán as listas pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Neste sentido, Movemento Sumar Galicia–Fronte Ampla fai un chamamento expreso a Esquerda Unida, Verdes-Equo, Podemos Galicia e as candidaturas locais a “unirse á Fronte Ampla”.

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

ÚLTIMAS

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

O Circo de Artesáns acolle esta tarde unha mesa sobre a sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galica, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía...

O Concello dixitalizará as colonias felinas da cidade

O concello avanza un novo modelo de xestión das colonias felinas da cidade. Así...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here