Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de novembro. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou en redes sociais que a España tócalle “decidir entre os que amparan os fondos voitre e os que defenden a vivenda”.
Rey fixo esta valoración ante a necesidade, dixo, de que os españois decidan sobre o futuro que queren para España e se prefiren deixala en mans da “onda ultradereitista” ou pola contra optar por seguir avanzando cun Executivo progresista.
Na mesma liña, a rexedora herculina escribiu que “o 29 de novembro toca dedicir que España queremos: a que ampara a xenocidas e defende aos fondos voitre ou a que protexe ás persoas e o seu dereito a vivenda”.
Así mesmo, na súa conta na rede social ‘X’, engadiu que “fronte ao odio e o rancor, ilusión e traballo para seguir construíndo España”.

