InicioECONOMÍAO pequeno comercio da Coruña pon en marcha en decembro unha campaña...

O pequeno comercio da Coruña pon en marcha en decembro unha campaña para promover a compra de proximidade

Publicada o

Por europapress

O comercio local da Coruña porá en marcha do 1 ao 28 de decembro unha campaña informativa co obxectivo de “visibilizar os negocios de barrio, dar a coñecer as vantaxes de comprar neles e fomentar a compra de proximidade”.

Coa lema “Compra no comercio de barrio, compra con corazón”, esta iniciativa está organizada pola Federación de Unión de Comercios Coruñesa (FUCC), as 16 asociacións que a integran e o Concello da Coruña, co obxectivo de chegar a “máis de 200.000 coruñeses”.

Así o anunciaron os responsables a través dun comunicado no que explican que a partir do 15 de decembro repartiranse 15.000 bolsas de tea coa mensaxe ‘I love comercio de barrio’ aos clientes do pequeno comercio.

Ademais, a mensaxe da campaña difundirase a través dos medios de comunicación con accións que inclúen cuñas en varias emisoras locais, insercións publicitarias en prensa papel e dixital e con entrevistas de radio aos responsables das 16 entidades que forman parte da FUCC, para difundir “o importante labor que desempeñan as asociacións como axentes dinamizadores do comercio local”.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...