Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto de traballo. Como xa avanzamos a semana pasada, o persoal da Compañía de Tranvías, concesionaria do servizo de transporte público urbano na cidade, ten convocada unha folga para ese día.
O Comité, composto polas seccións sindicais UGT, CIG e o grupo independente GTT, quere denunciar os abusos que leva creando a protagonizando a empresa durante anos. Os traballadores buscan un novo convenio laboral “para que os compañeiros e compañeiras con contratos precarios pasen a ser indefinidos”; para que “a empresa non pise os nosos dereitos”, para que “as persoas usuarias entendasn nosos problemas”, e para que “a nova concesión mellore as nosas condicións laborais”, sinalan en relación á aínda pendente licitación da nova concesión, prorrogada dende o 31 de decembro de 2024.
O Comité denuncia que a empresa invista no cambio de imaxe paro manteña o mesmo servizo que nos anos 90, tendo beneficios millonarios (de máis de 6millóns de euros en 2025); denuncia a precariedade laboral que provoca o uso dos contratos máis baratos para “explotar” ás novas persoas condutoras, con “horarios imposibles”
Durante a xornada do luns, ademais, fletarán un autobús-protesta, que saírá informando á cidadanía das Cocheiras dos Rosais ás 8:00h e fará paradas na Casa da Auga (8:30h), na Praza de Pontevedra (9:00), no Obelisco (9:30) e na Praza de Pontecedra (10:00h).
Máis novas
Sindicatos critican a “nula” intención negociadora da patronal do transporte de bus na Coruña

