InicioA CORUÑAA conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as...

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Concello da Coruña xa reibiu máis de 160 suxerencias nos primeiros 15 días de apertura no plan de deseño do futuro do transporte público da cidade a través do correo participabus@coruna.gal. Un buzón aberto en paralelo aos encontros participativos polos barrios, nos que xa se demostrou a preocupación da veciñanza por este asunto.

Xa houbo entidades que formularon un “modelo baseado nos transportes e nas liñas curtas con boa frecuencia” e nas primeiras achegas a xente solicitaba umentar recuencia e tempo de espera dos autobuses a intermodalidade con outros medios de transporte e a adaptación de liñas aos barrio.

Concretamente o de Xuxán parece o máis activo, pois o 22% das achegas totais ao buzón solicitan a conexión do novo barrio.

Ademais, preto do 27% das mensaxes solicitan unha mellora na conexión cos hospitais, sendo o tema máis repetido xunto coa ampliación do autobús nocturno (24%).

Máis encontros

Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.

As seguintes citas serán:

  • 8 de abril: Centro Cívico dos Mallos.
  • 24 de abril: Centro Cívico de Monte Alto.
  • 6 de maio: Centro Cívico de Monelos.
  • 20 de maio: Centro Cívico do Birloque.
  • 19 de maio: Centro Cívico dos Rosales
  • 5 de xuño: Fórum Metropolitano.
  • 10 de xuño: Centro Cívico de Eirís.
  • 12 de xuño: Centro Cívico de Elviña.
  • 14 de xuño: Circo de Artesáns.

Máis novas

Gran interese no primeiro encontro participativo para deseñar a nova rede de bus urbano en Mesoiro

O uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

A veciñanza do Castrillón pide un “modelo baseado en transbordos e liñas curtas con boa frecuencia”

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here