InicioBARRIOSA veciñanza do Castrillón pide un “modelo baseado en transbordos e liñas...

A veciñanza do Castrillón pide un “modelo baseado en transbordos e liñas curtas con boa frecuencia”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Contabamos onte o aumento do uso do bus urbano nos últimos anos. Un aumento que non vén acompañado dun aumento da flota e da frecuencia do servizo de transporte público, como sinala a Asociación de Veciños Castrillón-Urbanización Soto “IAR” despois de manter unha reunión coa dirección e os técnicos da Compañía de Tranvías.
A reunión tiña como obxectivo de analizar o estado do transporte público no barrio (liñas 1, 12A e 14) así como posibles alternativas para a súa mellora, pero as consecuencias son ben interesantes neste momento no que o Concello vén de prorrogar a concesión á Compañía por dous anos no canto de reformulala, o que dificulta a amortización do investimento necesario.

A entidade veciñal cre que “na actualidade, as posibles melloras de todo o transporte público da cidade deberían implicar un importante incremento da flota de autobuses dado o importante crecemento do número de usuarios nos últimos anos”.

Vai máis alá, e sinala que “o deterioro do funcionamento dalgunhas das liñas ten a súa orixe en que, dende hai anos, o modelo e as liñas das mesmas non se modifican, en toda a cidade, en particular en non ter apostado decididamente, como vimos reclamando dende hai anos, por un modelo baseado en transbordos e liñas curtas con boa frecuencia”.

Por iso, a Asociación insta “ao goberno municipal e á empresa de tranvías a iniciar un proceso de diálogo para buscar as fórmulas que se consideren necesarias para facer posible o investimento necesario”.

Máis novas

O uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

 

ÚLTIMAS

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here