InicioSOCIEDADEOs coruñeses poderán reclamar por móbil ao Concello

Os coruñeses poderán reclamar por móbil ao Concello

Publicada o

Por europapress

As coruñesas e coruñeses poderán presentar suxestións e reclamacións por móbil desde o primeiro trimestre de 2023 ao concello, que, ademais, porá en marcha este ano un rexistro de contratos, segundo anunciou o portavoz do goberno local, José Manuel Lage, no pleno celebrado este martes.

O IRIS, a ferramenta para presentar reclamacións ou suxestións por móbil, é unha aplicación que xa está en funcionamento no Concello de Barcelona e da que dispón a administración coruñesa por un convenio asinado en 2021.

Ao fío deste anuncio, José Manuel Lage deu conta dos datos máis relevantes do informe anual de Suxestións e Reclamacións (SER). No anterior exercicio, o Concello recibiu 17.747 comunicacións, das que 11.830 cumprían cos obxectivos e as competencias municipais, case 2.500 menos que no 2017.

Ademais, anunciou que o Concello da Coruña disporá, por primeira vez na súa historia, dun rexistro de contratos. Esta nova ferramenta estará dispoñible antes de que termine o ano e permitirá consultar toda a información relativa á prestación de servizos e de contratos que se asinan na administración municipal.

ÚLTIMAS

Maghúa celebra 20 anos de música: “Seguimos fieis á raíz”

O grupo de canto tradicional Maghúa presenta Tribo, o seu novo traballo discográfico, que...

Pequeno catálogo de “patrimonicidios”

O pasado 27 de febreiro a alcaldesa da Coruña calificou como «patrimonicidio» a antiga...

Dous alumnos do instituto de Elviña representarán a Galicia nun debate de oratoria na ONU

Os alumnos Omar Badriev Gazizov e Lois Queijeiro Varela, do Instituto Plurilingüe de Elviña...

Sorprendidos oito menores de idade mentres realizaban pintadas e botellóns no interior dos muíños de Acea de Ama

A Policía Local de Culleredo localizou a un grupo de oito rapaces omo presuntos...