InicioSOCIEDADEOs usuarios de BiciCoruña poderán formarse en circulación o luns

Os usuarios de BiciCoruña poderán formarse en circulación o luns

Publicada o

Por europapress

Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, organiza unha xornada de formación en materia de circulación e normativa dirixida ás persoas usuarias de BiciCoruña.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociaión Mobi-liza. A xornada terá lugar o luns, día 19, de 11.30 a 13.30 horas, coincidindo coa posta en funcionamento da nova estación de BiciCoruña que se situará na avenida de Arteixo.

Por outra banda, nesta xornada, a alcaldesa, Inés Rey, visitou o centro deportivo do Castrillón, que desde este xoves quedou aberto ao público e que incluirá actividades deportivas organizadas de maneira gratuíta ata final de ano.

“Coa apertura deste centro deportivo cumprimos unha demanda histórica dos veciños e das veciñas, que están a mostrar a súa satisfacción polo resultado do traballo que levamos a cabo”, sinalou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...

O peirao público de Calvo Sotelo bota o peche para os festivais privados do verán

O peirao de Calvo Sotelo está aberto aos coruñeses desde o mes de novembro...

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite...

Investigadores da UDC avanzan nun novo sistema para levar material xenético ao interior das células

Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña desenvolveu...