InicioECONOMÍACrearase finalmente un operador enerxético municipal na cidade?

Crearase finalmente un operador enerxético municipal na cidade?

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa herculina, Inés Rey, asinou este luns un convenio coas universidades da Coruña (UDC) e Santiago (USC) para realizar un estudo sobre a viabilidade e os trámites necesarios para crear un operador enerxético municipal.

Os reitores da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e da Universidade de Santiago, Antonio López, asinaron o acordo por parte das universidades.

Trátase dunha medida que forma parte do acordo entre o goberno local e a Marea Atlántica para impulsar novas políticas enerxéticas no marco da aprobación dos orzamentos municipais de 2022.

O acordo ten por obxecto analizar a viabilidade e os trámites necesarios para a creación da nova entidade, “que permitirá conseguir maiores cotas de benestar social, contribuír a mitigar o cambio climático e reducir as situacións de pobreza enerxética, dentro do actual contexto de transición enerxética vinculado aos obxectivos da Axenda 2030″, explica o goberno local.

ÚLTIMAS

O mapa de BiciCoruña conta xa con 79 estacións

Segue mellorando o grupo de goberno o servizo de BiciCoruña. A recta final da...

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional....

Falece a moza acoitelada no seu piso da Coruña tras non superar a gravidade das feridas

A moza que, na tarde do sábado, foi supostamente acoitelada no seu piso da...

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

"Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido en Coruña...