InicioDEPORTESBoga, Depor, boga!

Boga, Depor, boga!

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Non se ve San Roque aínda, pero si sabemos onde queremos chegar. O navío branquiazul suma unha marea máis á súa tempada, e nesta ocasión, as redes viñeron cheas de boas capturas. Non foi un día no que brillara o sol e no que as augas estiveran mansas, mais ben soplou o vento e, por momentos, fixo moito frío en Ceuta. Se cadra semellaba que as capturas ían ir ó fondo do mar como noutras ocasión. Non foi así, e os mariñeiros sorrían ledos despois de desembarcar no peirao, falando dunha viaxe movido nun ferry…….cousas veredes, ,¡mariñeiros mareados!

Chega o Depor o final do ano cun sabor agridoce. O xogo non namora nin tranquiliza a ninguén, pero os puntos permiten crer en logros maiores. Onte fixo o partido que tiña que facer contra a Cultural ou contra o Córdoba: golpear e aturar. Sempre penso que nesta categoría o menos importante é o xogo que fagas, só importa gañar. Porque gañar está por riba de todo o demais, se non que llo digan a Arxentina. Boga o Depor na dirección correcta, achegarse á cabeza, pelexar os partidos sufrindo, pero gañando e adaptarse ós equipos e ós campos sen escusas. A cabeza da competición aprétase xusto no momento adecuado para o Depor, xusto cando máis sólido semella estar de cabeza. O que faga nas seguintes mareas dirá si chegamos a Viveiro.

Pechando o circulo entre Mundial e Depor, hoxe, máis que nunca, comparto o que dicía onte un afeccionado bonaerense: “se non é sufrindo, non é Arxentina”. ¡Ea!, outros máis no clube de sufridores. ¡Noraboa campións, noraboa Lionel! E ben por ti, Messi.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...