InicioA CORUÑABNG e Marea Atlántica sinalan a "ausencia" dunha proposta de orzamento para...

BNG e Marea Atlántica sinalan a “ausencia” dunha proposta de orzamento para A Coruña en 2023

Publicada o

Por monchomarino

BNG e a Marea Atlántica reprocharon ao goberno local da Coruña a “ausencia” dunha proposta de orzamento para 2023, segundo expuxeron en senllas comparecencias.

En rolda de prensa, a Marea Atlántica presentou dez propostas de “mínimos” para abrir a negociación das contas do próximo ano. Como medida de “vontade de diálogo”, reclamaron tanto a portavoz municipal, María García, como o candidato á Alcaldía, Xan Xove, o desbloqueo de medidas en materia de vivenda, mobilidade, enerxía, xustiza social e equipamentos para os barrios.

Pola súa banda, o BNG considerou que “a estas alturas” carece de “sentido” presentar un proxecto de orzamentos por non ter “tempo material para executalos”.

Así o expuxo o portavoz municipal do BNG, Francisco Jorquera, xunto á edil Avia Veira. Na comparecencia, manifestaron que esta formación concorrerá ás municipais con vocación de ser “alternativa” e alcanzar a Alcaldía.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...