InicioPOLÍTICAExpulsados os catro concelleiros do PPdeG de Sada que apoiaron a moción...

Expulsados os catro concelleiros do PPdeG de Sada que apoiaron a moción de censura

Publicada o

Por europapress

O Comité de Dereitos e Garantías do Partido Popular de Galicia acordou expulsar ao catro concelleiros afiliados de Sada que actuaron contra a dirección do partido ao apoiar a moción de censura que permitiu arrebatar o bastón de mando da localidade coruñesa a Benito Portela (de Sadamaioría), substituído por María Nogareda, tamén expulsada de Alternativa dos Veciños.

Nunha reunión mantida na sede do PPdeG, baixo a presidencia de Lupe Murillo, resolveuse así o expediente disciplinario aberto polo instrutor o pasado 11 de novembro ante a moción de censura presentada por estes concelleiros xunto con representantes doutras forzas políticas.

O pasado 18 de novembro, todos eles emitiron finalmente un voto a favor da moción, en contra das indicacións da Comisión Xestora de Sada e da dirección provincial do partido, que con suficiente antelación expresamente desautorizou o apoio á moción, e advertiulles que causaba “un grave prexuízo á imaxe, credibilidade e interese xeral” da formación no municipio.

Os expulsados son Soraya Salorio Porral, María José García Freire, José Luís Tellado Villares e José Luís García Pazos. No caso do quinto membro do grupo municipal, Sergio García López, non está afiliado ao partido. Os afectados poden recorrer a decisión ante o Comité Nacional de Dereitos e Garantías do PP.

ÚLTIMAS

Outra noite de pelexas na Coruña sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...