InicioSUCESOSCondenados a multas de 300 a 1.350 euros 75 acusados da liorta...

Condenados a multas de 300 a 1.350 euros 75 acusados da liorta en que morreu o afeccionado do Depor Francisco Romeu, ‘Jimmy’

Publicada o

Por monchomarino

O Xulgado do Penal número 23 de Madrid sentenciou a multas de entre 300 e 1.350 euros a 75 acusados de participar en 2014 na capital nunha pelexa entre ultras do Deportivo da Coruña e do Atlético de Madrid, na que morreu no Manzanares un seguidor coruñés, Francisco Javier Romeu, alias ‘Jimmy’.

No fallo xudicial, ao que tivo acceso Europa Press, o maxistrado Juan Antonio Toro Peña condena a 75 persoas por un delito de lesións en rifa tumultuaria e a dúas deles tamén por atentado e lesións a unha policía nacional á multa de 900 euros e a indemnizar á axente con 4.500 euros máis as costas e intereses. A outros 7 absólveos do delito de rifa e a 10 de tenencia ilícita de armas.

O xuízo pola multitudinaria pelexa nos arredores do río Manzanares arrincou o 1 de decembro en diferentes sedes xudiciais, entre elas Madrid, A Coruña e Xixón, para evitar choques entre os grupos radicais. Setenta dos acusados recoñeceron os feitos para beneficiarse de atenuantes.

O fiscal e as partes pecharon un acordo cuxas negociacións levaban en marcha desde semanas atrás, segundo detallaron a Europa Press fontes xurídicas. A rebaixa substanciosa das penas débese a que concorre en todos os acusados a atenuante de dilacións indebidas polo atraso na tramitación do procedemento.

A MORTE DE JIMMY

No transcurso da multitudinaria liorta, algunhas persoas tiraron un seareiro do Depor coñecido como ‘Jimmy’ malferido ao río Manzanares. O homicidio investigouse durante anos pero finalmente o caso quedou arquivado por falta de autor coñecido sen que ninguén chegase a xuízo. No entanto, a Audiencia de Madrid terá a última palabra respecto diso.

O fiscal relata que os acusados se concertaron nas redes sociais para acudir ás 09.00 horas aos arredores do estadio Vicente Calderón coa “única motivación de demostrar ao outro grupo a primacía do seu equipo e da ideoloxía coa que se identifica”.

Algúns deles portaban “armas prohibidas e instrumentos perigosos como paus de madeira, de aluminio, porras, bates de béisbol, navallas, mosquetones, defensas extensibles“. Como consecuencia da liorta, varios resultaron feridos e un deles, ‘Jimmy’, faleceu.

Doutra banda, a liga Nacional de Fútbol Profesional, que actuou de acusación neste caso, pediu para os acusados ata tres anos e medio de cárcere e multas de ata 117.000 euros, segundo consta no auto de apertura de xuízo oral.

ÚLTIMAS

A CIG mantén a folga no metal da Coruña ante a “tomadura de pelo” da patronal

O secretario comarcal de CIG-Industria en Ferrol, Sergio Martínez, cualificou de "totalmente ridícula" a...

O peirao público de Calvo Sotelo bota o peche para os festivais privados do verán

O peirao de Calvo Sotelo está aberto aos coruñeses desde o mes de novembro...

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite...

Investigadores da UDC avanzan nun novo sistema para levar material xenético ao interior das células

Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña desenvolveu...