InicioA CORUÑAPrimeiras queixas pola tardanza na publicación do programa das Festas de María...

Primeiras queixas pola tardanza na publicación do programa das Festas de María Pita e do Noroeste

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Improvisación e falta de compromiso co tecido veciñal”. Así define e denuncia o Movemento Sumar Coruña o novo atraso na publicación do programa das Festas de María Pita e do Festival Noroeste. O ano pasado o Concello anunciaba o programa das grandes festas de agosto un 23 de xullo, e facía o propio co Noroeste 3 días despois, con apenas unha semana de marxe para facer plans.

Unha tardanza na publicación dos programas que se ven repetindo nos últimos anos criticada dende todos os sectores da sociedade, tanto o sector hostaleiro como a propia veciñanza.

Critícase tamén a falta de transparencia na organización e na decisión das contratacións. Para Trinidad Palacios, do Movemento Sumar Coruña, “unhas festas ben feitas anúncianse con tempo e coas portas abertas, non con improvisación e ocultismo”.

Modelo de coxestión

Desde Movemento Sumar Coruña consideran que o novo enfoque das Festas dos Barrios “non é descentralización, senón abandono de funcións por parte do goberno municipal”. De feito, nos últimos meses, diferentes entidades veciñais teñen expresado o seu malestar co funcionamento actual, que traslada toda a carga organizativa ás asociacións, obrigándoas a xestionar permisos, contratacións, loxística e difusión por conta propia.

O grupo denuncia “a consolidación dun modelo que desresponsabiliza ao Concello e deposita unha carga excesiva sobre as asociacións veciñais e culturais. A estas alturas, a menos de dúas semanas de que comece agosto, a veciñanza segue sen dispoñer dun programa oficial completo, o que dificulta a participación, a planificación e a promoción das festas máis relevantes da cidade”.

Desde Movemento Sumar Coruña propoñen “un modelo alternativo baseado na corresponsabilidade real e no apoio directo aos barrios, con catro medidas concretas:”

  • 1. Publicación do programa xeral cun mínimo de 30 días de antelación, en formatos accesibles e dixitais.
  • 2. Modelo mixto de organización, onde o Concello aporte infraestruturas, programación e apoio técnico, sen abandonar aos colectivos.
  • 3. Liñas de financiamento estables e xustas, con criterios de equidade entre barrios e garantías para entidades pequenas.
  • 4. Mesa de festas participativa, que reúna entidades veciñais, culturais e sociais para deseñar conxuntamente a programación do ano seguinte.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here