A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no esqueleto da praza Padre José Rubinos, na Ronda de Outeiro, un edificio que leva nesta situación de abandono case 20 anos. No marco da campaña “Garantir a vivenda, erradicar a crise”, e co lema “Nin xente sen casa, nin casas sen xente”, Galiza Nova quixo lanzar unha mensaxe de reivindicación ante a fonda crise de vivenda que sofren as clases populares coruñesas. “Onde hai centenares de veciños que teñen que abandoar os seus barrios mentres hai 20.000 vivendas que poderían estar ao dispor da veciñanza”.
“A acción foi organizada para denunciar a alarmante situación que atravesan as veciñas da cidade onde ven que na Coruña, o alugueiro medio subiu un 70 % en só 10 anos. Mentres, milleiros de vivendas seguen baleiras ou sen rehabilitar e permiten centos de pisos turísticos ilegais” indicou Gonzalo Prado, responsable de Galiza Nova na Coruña.
“Hai alternativa: Controlemos os alugueiros, impulsemos a oferta e apostemos pola vivenda pública. A vivenda é un dereito, non un negocio co que enriquecer a rendistas e especuladores. Non permitamos que nos expulsen dos nosos barrios. Que a vivenda non afogue a clase traballadora. que a mocidade galega poida emanciparse” sinalou.
Máis novas sobre vivenda
Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real
A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización
O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade
As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

