InicioA CORUÑAO BNG e o PP preguntan polas "famosas 20.000 vivendas baleiras" da...

O BNG e o PP preguntan polas “famosas 20.000 vivendas baleiras” da cidade

Publicada o

Por Redacción

Continúa sendo a vivenda o principal problema da cidade. E mentres as administracións poñen o foco na construción de novas promocións urbanísticas, hai colectivos que seguen lembrándose dunha solución que temos xa a medidas: As 20.000 vivendas baleiras que segue tendo esta cidade, sen que haia ningunha medida efectiva para que a súa rehabilitación sirva para moderar o prezo dos alugueres e da venda

Esta semana, os dous grupos da oposición lanzan as súas propostas arredor desas vivendas baleiras:

O PP destaca que as medidas aprobadas por PSOE e BNG “son un desastre”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo. PP
O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo. PP

O Grupo Popular destaca que “as medidas aprobadas por PSOE e BNG para aumentar o parque de vivendas de aluguer na cidade non funcionan, como é a zona tensionada ou a ordenanza de vivendas turísticas”.

Para o PP “a zona tensionada continúa prexudicando o mercado de aluguer. Abril foi o mes no que menos contratos se asinaron desde a declaración, 311. Desapareceron máis de 400 pisos do mercado e os prezos dos alugueres están subindo desde xaneiro, van catro meses seguidos á alza. As vivendas pásanse ao mercado de aluguer estacional pero non ao de longa duración”, sinala esquecendo que a zona tensionada si que provocou unha moderación no aumento dos prezos.

Sobre a ordenanza de pisos turísticos, o “PP considera estas vivendas estanse trasladando ao mercado de aluguer temporal, pero non ao tradicional, ou retíranse de todo tipo de aluguer”. Aproveitou Miguel Lorenzo para volver pedir a nova convocatoria de axudas para rehabilitación ou instalación de ascensores, que poderán servir para que “as vivendas baleiras en mal estado se poidan destinar ao aluguer unha vez reformadas”.

O BNG

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, asumiu o compromiso de pór todas as vivendas municipais “a dispor das coruñesas e coruñesas” cando, a partir de maio de 2027, lidere o Goberno Local. “Garántovos que, como alcaldesa, a partir de maio de 2027 non ficará ningunha vivenda municipal sen ser mobilizada por falta de investimento no seu arranxo ou na súa adecuación”, afirmou este serán na Coruña Avia Veira nun acto público organizado polo BNG e Galiza Nova da Coruña e convocado baixo o lema xenérico de Garantir a Vivenda, Erradicar a Crise.

Veira lembrou que “a administración que ostenta o groso das competencias en materia de vivenda é a Xunta, mais o Concello ten tamén as súas ferramentas para actuar sobre o mercado”. Aí lamentou que a Xunta apenas entregase “40 vivendas públicas construídas en 17 anos.”

Así, tan recentemente como no pasado pleno de xuño, o BNG propuxo a mobilización de até 45 pisos municipais -os 5 da Rúa Pontejos e outros 40 pendentes de arranxo por parte de EMVSA- para se poren a disposición das coruñesas e os coruñeses en réxime de aluguer.
A proposta, en forma de moción, foi aprobada polo Pleno por unanimidade.

Ademais sinalou que “o Goberno Local ten que facer un estudo do Parque Inmobiliario da cidade. Queremos saber en que situación se atopan as famosas 20 mil vivendas baleiras que hai na Coruña, en que situación de accesibilidade e de habitabilidade se achan, para as pór no mercado e aumentar a oferta de vivendas en aluguer”, dixo.

Máis novas

“Que pasa, que pasa? Que non teño casa!”

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

ÚLTIMAS

Oleiros instala un autobús destartalado en Santa Cristina para denunciar a negativa da Xunta a crear unha liña coa Universidade

Son eternos os problemas entre o Concello de Oleiros e a Xunta de Galicia...

Promoven na Coruña unha campaña de condutas civícas na celebración do San Xoán

Entidades veciñais e do lecer nocturno, en colaboración co consistorio coruñés, promoven a campaña...

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

Martinete ponse, por fin, de festas. O Ventorrillo tamén tiran de orgullo de barro

Tras a demolición do edificio abandonado que tanto tempo definiu o barrio, Martinete entra...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here