InicioA CORUÑAAs zonas de baixas emisións no Concello da Coruña non implicarán novas...

As zonas de baixas emisións no Concello da Coruña non implicarán novas restricións de tráfico

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña implantará as zonas de baixas emisións na cidade, en cumprimento das pautas marcadas pola Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica, sen que implique “máis restricións ao tráfico de vehículos nin á segregración dos mesmos por tipo de combustible”.

Desde o día 6, sinalizaranse dúas zonas de baixas emisións na cidade: a Mariña e a Cidade Vella. As dúas xa tiñan restricións ao tráfico de vehículos, só permitidos para residentes e para o transporte público, polo que non haberá cambios, informa o consistorio.

Ademais, explica que isto se engade aos cambios nos últimos anos coa creación de zonas peonís e de tráfico restrinxido “polo que se cumpre e mellóranse os parámetros para o establecemento de zonas de baixas emisións”.

Noutra orde de cousas, o consistorio informou este luns de que se completou a restauración do reloxo monumental do edificio do IES Eusebio da Guarda, dentro do plan de recuperación do patrimonio.

ÚLTIMAS

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola...

Unha limpeza da praia de Riazor polo ascenso do Dépor 

Unir fútbol e medioambiente é tan posible como o demostrou esta mañá de sábado...

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

Levan dous anos en clave positiva, mobilizando dende un centro de ensino público a...