InicioSOCIEDADEA Audiencia da Coruña rebaixa as penas a cinco condenados por delitos...

A Audiencia da Coruña rebaixa as penas a cinco condenados por delitos sexuais pola lei do ‘só si é si’

Publicada o

Por europapress

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acordou, en aplicación da nova lei do ‘só si é si’, revisar as penas impostas a cinco condenados por delitos sexuais e denegou a revisión a outro sete condenados.

Nun dos casos, os maxistrados fixaron en 13 anos de cárcere, en lugar de en 14 anos e tres meses de prisión, a condena a un autor dun delito continuado de agresión sexual –un home que agrediu á muller coa que vivía e que tamén violou a unha das súas fillas.

En dous dos procedementos, decretou impor catro anos de cárcere, en lugar do seis aos que foran sentenciados dous autores dun delito de agresión sexual, pois explica que a pena mínima cando foron axuizados era de seis anos e, coa nova redacción do tipo, fixouse en catro anos.

É o caso dun home que, no ano 2018, contactou a través dunha web cunha muller coa que conviñeron manter un encontro sexual. En contra do acordado, tras levar á muller a un lugar apartado, decidiu sacarse o preservativo e, ao negarse ela a continuar coa relación sexual, violouna.

E o doutro, que tamén contactou cunha muller que de forma eventual dedicábase á prostitución, á que enganou e posteriormente violou nunha vivenda á que a trasladou ata que ela, aproveitando que estaba adormecido, conseguiu escapar.

O tribunal tamén decretou que hai lugar á revisión da pena de tres anos de prisión imposta por un delito tentado de agresión sexual –a mínima legalmente posible naquel momento– e impúxolle a un condenado, no seu lugar, dous anos de cárcere, pois indica que esa é a pena inferior en grao na actual redacción do artigo 179 do Código Penal.

Neste caso, os feitos remóntanse a xullo de 2016, e tiveron lugar nun parque próximo ao Polígono de San Mateo, en Narón, onde un home tentou agredir sexualmente a unha muller coa que quedara. Finalmente, ela conseguiu defenderse e escapar.

QUINTA REBAIXA

Así mesmo, a Audiencia Provincial da Coruña tamén rebaixou de dez a nove anos de prisión a pena imposta a un condenado por un delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos.

O condenado mantivo relacións sexuais cunha menor inicialmente no seu vehículo e, posteriormente, en diversas ocasións, na súa casa durante varios meses. Segundo consta no fallo, a menor foi obxecto de ameazas pola súa banda para tratar de que continuase a situación.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...