InicioBARRIOSA CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista "Patronato...

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

Publicada o

Por Redacción

Emoción a flor de pel a vivida onte no salón de actos da Casa Sindical da CGT da Coruña. Máis dun cento de persoas asistiron a un faladoiro con mulleres vítimas do Patronato de Protección de la Mujer”, institución franquista de represión para nenas e mulleres de todo o estado dende a súa creación 1941 ata o ano 1985, xa superada transición democrática.

Organizados pola CGT da Coruña e o Ateneo Aurora, o barrio do Agra do Orzán acolleu dous actos en lembranza das nenas e mulleres vítimas do Patronato. Unha institución tiña no vello convento das Adoratrices da rúa Gregorio Hernández un dos seus centros correccionais. Alí foi colocada unha placa simbólica en memoria das nenas e mulleres que sufriron malos tratos, abusos e opresión nos centros do Patronato, coa presencia dun grupo de mulleres vítimas desta institución.

Vitimas do Patronato de la Mujer na Coruna 1

De seguido, nun ateigado salón de actos da Casa Sindical, falaron tres das vítimas do Patronato. O acto comezou coa intervención da investigadora Belén López Cillero que fixo unha introdución histórica da institución e o seu actuar ao longo do franquismo e ata os anos 80 do século pasado.

As testemuñas de Loli G. Benito, Paca Blanco Díaz e Consuelo García del Cid fixeron emocionado relato do seu sufrimento en diferentes centros do Patronato no estado español e da súa loita pola recuperación pública da memoria e da reparación precisa ás vítimas desta ferramenta de represión do réxime franquista e máis aló da súa suposta desaparición.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here