InicioDEPORTESResorte branquiazul

Resorte branquiazul

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Leva o Depor unha deriva na competición que ben se pode asemellar ao comportamento dun resorte. Este instrumento que enche os problemas de Física na escola e na universidades e que, cun deseño ben sinxelo, permite coñecer con moito tino as accións das forzas nun e noutro sentido. Este tira e afrouxa é a mellor definición de coma está sendo a persecución da cabeza da competición por parte do Depor.

Esta fin de semana tocou achegarse ó líder cunha vitoria traballada na que seguen aparecendo os mesmos fantasmas da primeira volta. A receita de dominar ó rival dende o principio, perdoar moitas ocasións, chegar a ceros ó descanso e logo veña a sufrir na segunda parte, nesta ocasións fixo bo pastel. “Xogar con lume” que din os máis sabedores do lugar, “é o que hai”, coma dirían os máis pesimistas. O mercado de inverno permitiralle ó equipo corrixir os erros do verán e ampliar as opción nalgúns postos onde é evidente que só contabamos cunha opción.

Falabamos hai unha semana da necesidade de non perder na casa ningún punto na segunda volta e comezar coma un tiro, gañando varios encontros seguidos. O calendario favorece que no mes de febreiro poidamos crer nesta posibilidade, xa que nas vindeiras cinco xornadas xogaremos contra rivais que neste momento están por debaixo da décima posición da táboa, incluso dous deles en descenso. Veremos, tamén, se os resorte só estira nunha dirección e non temos que andar mirando o que fan os rivais.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

ÚLTIMAS

Xunta e Concello da Coruña pechan os itinerarios dos autobuses para a futura estación intermodal

A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña avanzan na reorganización dos servizos...

Inés Rey reclama á Xunta un plan integral para rehabilitar os colexios públicos da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou este martes á Xunta de Galicia a...

Transportes cortará o acceso á AC-11 desde a rúa Lamelas polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciará este mércores unha nova fase das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here