InicioBARRIOSA AVV Sagrada Familia prepara o seu Gran Entroido

A AVV Sagrada Familia prepara o seu Gran Entroido

Publicada o

Por editor

 

Os días venres 17 e luns 20 de febreiro, o Centro Social da Sagrada Familia vai botar fume. A Asociación de Veciños Sagrada Familia prepara dous eventos singulares para disfrutar desta festa tan herculina.

O 17 de febreiro terá lugar o Concurso de Orellas da Sagrada, que contará coa animación da banda de música “Murgas como Cabras” que se encargará de darlle un toque musical e carnavalesco.
Pode participar todo o mundo e cómpre presentarse o mesmo día entre as 17:30 e as 18:15 cun mínimo de 6 unidades. O xurado, segundo a súa presentación, calidade, sabor, etc.
Ese mesmo día farase entrega do premio “Estrela da Sagrada Familia”, a unha persoa ou entidade que polo seu traxectoria conseguiu ser un referente neste barrio e a quen se lle dará un escrito homenaxe.

Xa o luns 20 terá lugar o Baile de Entroido. De 18:00h a 21:00h e da man da artista Aixa Romay, pequen@s, median@s e maior@s disfrutarán do baile e do certame de disfraces.

ÚLTIMAS

The Homens regresa aos escenarios e actuará na Sala Mardi Gras

Unha das bandas máis míticas da escena galaica de primeiros de século volve ao...

O elixir da eterna xuventude

Un dos obxectivos que perseguimos as persoas é acadar a felicidade e a lonxevidade....

A Plataforma polo Dereito á Vivenda planta cara ás vivendas turísticas ilegais na Coruña

A Plataforma polo Dereito á Vivenda lanzou unha campaña en redes sociais para denunciar...

Novo foco de gripe aviaria na Coruña, o décimo este ano

A Xunta detectou un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here