InicioDEPORTESSaíu cruz

Saíu cruz

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • 13º partido de Óscar Cano (8V+3E+3D); a 4 puntos do líder Alcorcón

——

Nesta lotería quincenal que son os partidos fóra da casa do Depor, onte saíu cruz. Tiramos a moeda ó aire e esperamos a ver o que sae. Cousa incrible o deste equipo cando lle toca viaxar lonxe de Riazor. Onte o Dépor fixo todo o malo que se ten que facer para non gañar.

Cedeu un penalti ridículo ante un rival que estaba sendo mellor que el, nun campo onde era complicado xogar por dimensións e polo estado da herba, cun rival que loitaba os balóns cas gañas dos que necesitan puntuar. Todo isto nun domingo no que gañar era imperativo.

O fútbol é un estado mental. Sinxelo, pero é así. Logo ten unha compoñente física, de talento e de sorte, pero basicamente todo o bo que che pasa é pola mentalidade coa que pelexas o teu obxectivo. Así se explica que Uruguai gañara en Maracaná en 1950, o Centenariazo do Depor ou que o Leicester gañara a Premier hai uns anos. Este triunfos, con todo en contra, explícanse pola fortaleza mental. O Depor é un equipo moi débil mentalmente polo carácter apagado dos seus xogadores. Falta liderato, falta tensión competitiva e falta xestionar emocións.

Así, de novo, temos que falar de oportunidade perdida. Nun partido terrible de ver, facendo o máis difícil que é remontar fóra da casa, tiras os tres puntos cando máis os necesitabas. Non se poder crer que coñecendo que o Córdoba perdera e que o Alcorcón empatara, o Depor saia como saíu onte a xogar. Sen xogar nada de nada en 45 minutos, sen chegadas claras, facendo forte ó rival na súa casa onde levaba tres meses sen gañar. Temos que deixar de tirar a moeda, para comezar a crer que o liderato é posible.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here