InicioMOV. SOCIAISOs médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa...

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Publicada o

Por Redacción

Convocaba a Xunta ao sindicato O’Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a folga dos médicos galegos continúa saturando hospitas e Centros de Saúde. Un paro na Atención Primaria que volve rexistrar hoxe un seguimento de case o 70%, o que supón a cancelación de miles.

Ante esta situación de bloqueo, os médicos dos hospitais galegos deixarán de realizar actividades voluntarias de autoconcertación ou actividade esvarada- o que o argot sanitario se coñece como peonadas– como medida de protesta ante a negativa da Consellería de Sanidade a negociar unhas condicións laborais dignas que permitan desconvocar a folga indefinida que o desde a semana pasada supuxo xa a suspensión de máis de 25.000 consultas en Atención Primaria e a que comezará o vindeiro luns en demanda de melloras laborais tamén ao persoal facultativo de hospitais.

As coñecidas como peonadas son algo similar a horas extraordinarias voluntarias en consultas e cirurxías que se realizan polas tardes- a partir das 15 horas- con pacientes en mellor estado clínico e que permiten reducir as listas de espera.
O propio Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, manifestou recentemente que a realización destas peonadas permitía recuperar a actividade perdida durante a folga, o que desencadeou o malestar dos facultativos, que non queren converterse “nun parche ás suspensións derivadas do dereito á folga”.

Así o denunciaron en concentracións como a desta mañá no Centro de Saúde de Matogrande, trala que avisaron á Consellería do cese desas accións voluntarias.

Os médicos sinalan no seu escrito que esta decisión “foi adoptada tras unha deliberación conxunta e conta cun respaldo maioritario entre o persoal facultativo, representando unha postura colectiva, firme, solidaria, coordinada e reflexionada que se sustenta nas reivindicacións amplamente compartidas polo colectivo médico”.

Os médicos de hospital finalizan o seu escrito dirixido á Consellería de Sanidade e ás xerencias do Servizo Galego de Saúde (Sergas) solicitando “a apertura inmediata de vías de negociación real e efectiva que permitan abordar de maneira estrutural as reivindicacións de cada área de saúde e a nivel autonómico, así como a defensa dun Estatuto Marco propio para médicos e facultativos que evite perpetuar as condicións de especial penosidade do noso colectivo”.

O´Mega, o sindicato medico maioritario en Galicia, apoia a decisión solidaria dos médicos dos hospitais dependentes do Sergas e insta á Consellería de Sanidade “a abandonar a prepotencia e a abrir unha negociación seria e respectuosa que evite máis prexuízos aos usuarios da sanidade pública galega, que xunto cos médicos son os principais prexudicados pola situación actual”.

De folga en folga

A folga que desde hai unha semana se leva a cabo nos centros de Atención Primaria- e á que a partir do luns se sumará outra en todos os niveis asistenciais- comezou despois de que a Consellería de Sanidade rompese unilateralmente a negociación cando xa chegara a un principio de acordo con O´Mega respecto á limitación de axendas médicas, un dos puntos da táboa reivindicativa do sindicato de facultativos.

de consultas.

 

Máis novas

 

 

ÚLTIMAS

O Noroeste ábrese a novos públicos

Queirámolo ou non moitos da xeración dos 80-90, o Festival Noroeste xa non é...

Inés Rey sobre o arquivo da denuncia contra ela de dúas exedís por suposto acoso: “Era o lóxico”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou de "paso lóxico" o arquivo por parte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here