InicioSOCIEDADEO impacto das redes sociais... así foi a desinformación do asasinato de...

O impacto das redes sociais… así foi a desinformación do asasinato de Samuel Luiz

Publicada o

Por editor

O grupo ‘Novos Medios’ da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou un estudo sobre a cobertura mediática do crime de Samuel Luiz que reflicte como o debate público deste caso estivo dominado pola desinformación e a participación de actores non xornalísticos, o que provocou “a difusión de contidos falsos, enganosos e nesgados”.

Un equipo investigador da facultade de Ciencias da Comunicación analizou a conversación pública nas redes sociais e o papel dos ‘fact-checkers’ despois do asasinato de Samuel Luiz, un caso cunha gran repercusión na sociedade en xeral.

A “rápida” repercusión xeral que adoptou este “evento de carácter local” foi o que motivou aos investigadores a comprender, explicar e responder a esta realidade próxima que se viu atravesada por un fenómeno global, “a desinformación”.

Os profesores da USC e autores do artigo ‘Misinformation on trial: Media coverage of a murder, public conversation and fact-checking’, Jorge Vázquez, María Cruz Negreira e Xosé López, explicaron que este “clima de desinformación” produciuse como consecuencia da posibilidade “tratarse dun crime de odio”, a “politización do caso” e a intervención de “diferentes actores notables”.

Uns “actores non xornalísticos”, como poden ser figuras políticas, o círculo da vítima ou colectivos, que tiveron unha “gran influencia” no debate público producido durante os seguintes días nas redes sociais, “tendendo á simplificación do discurso”.

MÁIS DE 750.000 TUITS

En primeiro lugar, os investigadores analizaron a cobertura deste dramático evento e dos avances da investigación durante o segredo de sumario, nun medio local e un estatal, comparando os seus encadres informativos.

No segundo paso da investigación abordouse a conversación en Twitter, na que analizaron e visualizaron en gráficos “algo máis de 750.000 tuits”. Desta forma profundaron nas mensaxes máis difundidas para identificar as liñas discursivas e constatar a polarización, “moi evidente cando hai unha posición político-ideolóxica”, aseguran os investigadores.

O terceiro paso consistiu no estudo do rol dos verificadores no debate público, ademais de identificar e caracterizar as desordes informativas. O artigo demostra que se atoparon evidencias de “falso contexto, contido enganoso e manipulado, así como a intervención de medios partidistas”.

As conclusións do grupo ‘Novos Medios’ demostran que este casoi exemplifica a “complexa interrelación” entre diferentes actores, nun contexto no que ata os “eventos máis tráxicos” xeran “marcos interpretativos da realidade nun clima polarizado”.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here