InicioBARRIOSO Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal de Monte Alto volverá á actividade. Despois de case 3 anos de exilio na potente carpa provisional instalada na Praza de Indalecio Prieto, que este sábado abrirá as súas portas por última vez, as praceiras trasladaranse ao longo destes días (o martes traballarán a porta pechada) para que todo estea listo de cara á inauguración.

“Somos conscientes de que a construcción do novo mercado foi longa, mais tamén estou convencida de que este esforzo pagará a pena e que no futuro porémolo en valor porque contaremos cunhas instalacións de gran calidade, adaptadas ás necesidades actuais do persoal e que tamén terán un efecto tractor para o conxunto do barrio”, sinalou a rexedora Inés Rey, que lembrou que a obra supuxo un investimento de 10 millóns de euros, cofinanciado con fondos PIREP.

As obras

Praza do Mercado de Monte Alto
Así está a praza superior a día de hoxe

Mentres aínda continúan os traballos na gris explanada superior,  que si que estará lista a semana que vén. Non así acontece co Gadis, o aparcamento subterráneo ou o espazo que acollerá, a partir do curso que vén, a Escola Infantil de Monte Alto, situado na esquina da rúa Cuento e Avda. Hércules, que seguen en obras.

En total, realizouse a renovación total de máis de 15.000 metros cadrados de espazos públicos, porque a actuación no mercado aparella tamén melloras en rúas lindeiras, como Joaquín González, e nas infraestruturas habilitadas na avenida de Hércules e Forcarei, entre outras.

Ademais, nos baixos do mercado tamén se habilitará un novo local destinado ás actividades socioculturais e divulgativas das entidades veciñais.

Ademais, tamén se aproveitaron os traballos na contorna do mercado para habilitar unha nova base de BiciCoruña a poucos metros do edificio.

 

Máis novas do barrio

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Así será a pista multideporte de Monte Alto

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

Aseguran que o Mercado de Monte Alto estará operativo a final de ano

Así será o novo Mercado de Monte Alto, cuias obras rematarán a finais de 2025

 

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here